Proxecto "IDENTIDADES03"
Cartel anunciador do proxecto "Identidades 03" no que participamos;
Media ducia de artistas centroamericanos desenvolverán a súa tarefa en espazos públicos de Vilagarcía entre o 19 e o 23 de marzo baixo o tema da identidade. Trátase dunha iniciativa para "salir de las fronteras del estudio y los museos" co fin de "acercar el arte contemporáneo a la gente de la calle", segundo explicou onte Marta Rial, pintora que actúa como enlace na bisbarra.
A impulsora de anteriores edicións do proxecto na cidade mexicana de Morelia, Elizabeth Ross, desprazarase ata Vilagarcía para emprender diversas accións de arte ritual, mentres que a actriz Quylan Lachino traballará con lume e con obxectos pendurados dunha árbore. O pintor Lalo Rubio, o multidisciplinar Prisciliano Jiménez e o especialista radiofónico Roberto Castro tamén crearán as súas obras nas rúas da cidade. En concreto, este último gravará diversos sons para retransmitilos en directo a México. Doutra banda, Amadís Ross elaborará o resumo virtual de todo o labor realizado. Ós diferentes proxectos individuais poderá sumarse algunha obra conxunta cos creadores galegos, e tamén se contará coa participación do público.
Xa no mes de abril, os artistas da comarca desprazaranse a Michoacán para desenvolver alí a actividade. Entre eles atópanse Marta Rial, Dani Iglesias e Juan Carlos Cores "Platis", que están ultimando as súas ideas.
O edil de Cultura, Roberto Araújo, destacou a importancia de "mantener el vínculo" entre os creadores de Arousa e México para favorecer "la traslación de nuevas propuestas" nas diferentes disciplinas e impulsar "la creatividad y la imaginación".
Pulicado o martes, 30 de Xaneiro 2007 no DIARIO DE AROUSA
No hay comentarios:
Publicar un comentario