Mostrando entradas con la etiqueta identidades 07 Diario de arousa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta identidades 07 Diario de arousa. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de febrero de 2007

Proxecto "IDENTIDADES03"

Cartel anunciador do proxecto "Identidades 03" no que participamos; Media ducia de artistas centroamericanos desenvolverán a súa tarefa en espazos públicos de Vilagarcía entre o 19 e o 23 de marzo baixo o tema da identidade. Trátase dunha iniciativa para "salir de las fronteras del estudio y los museos" co fin de "acercar el arte contemporáneo a la gente de la calle", segundo explicou onte Marta Rial, pintora que actúa como enlace na bisbarra. A impulsora de anteriores edicións do proxecto na cidade mexicana de Morelia, Elizabeth Ross, desprazarase ata Vilagarcía para emprender diversas accións de arte ritual, mentres que a actriz Quylan Lachino traballará con lume e con obxectos pendurados dunha árbore. O pintor Lalo Rubio, o multidisciplinar Prisciliano Jiménez e o especialista radiofónico Roberto Castro tamén crearán as súas obras nas rúas da cidade. En concreto, este último gravará diversos sons para retransmitilos en directo a México. Doutra banda, Amadís Ross elaborará o resumo virtual de todo o labor realizado. Ós diferentes proxectos individuais poderá sumarse algunha obra conxunta cos creadores galegos, e tamén se contará coa participación do público. Xa no mes de abril, os artistas da comarca desprazaranse a Michoacán para desenvolver alí a actividade. Entre eles atópanse Marta Rial, Dani Iglesias e Juan Carlos Cores "Platis", que están ultimando as súas ideas. O edil de Cultura, Roberto Araújo, destacou a importancia de "mantener el vínculo" entre os creadores de Arousa e México para favorecer "la traslación de nuevas propuestas" nas diferentes disciplinas e impulsar "la creatividad y la imaginación". Pulicado o martes, 30 de Xaneiro 2007 no DIARIO DE AROUSA